jueves, 14 de julio de 2016

"Luar" recibe e visita estelar do cantante venezolano Carlos Baute

"Luar" celebra hoxe a gran final de "Recantos" e recibe e visita estelar do cantante venezolano Carlos Baute

Santiago, 15.07.2016.-    Chegou o momento. Despois de moitas semanas de dura competición, “Recantos” despídese esta noite de “Luar” coa celebración da gran final deste concurso de talentos musicais. Só un último chanzo separa a Esmeralda, de Ourense Sur, e a Gonzalo Brea, procedente da comarca Noia-Barbanza, da Victoria, que será premiada con 5.000 € en metálico. O segundo clasificado recibirá un premio de 2.000 €.

Por outro lado, o espazo da TVG recibirá este venres unha visita moi especial: a do cantante venezolano Carlos Baute, un dos artistas chegados da outra beira do Atlántico con máis éxito no noso país. Baute interpretará temas tan coñecidos para o público como “Perdimos el control” e “Amor y dolor”.

“Luar” tamén contará hoxe coa actuación do cantautor, cantante e compositor Xil Ríos, considerado unha lenda viva da cultura galega. Responsable de numerosos éxitos populares, no seu repertorio figuran algunhas das cancións máis emblemáticas da música galega contemporánea.

O espectáculo musical desta noite completarase coa presenza da cantante galega María Chenlo, da agrupación de música tradicional Trébede, da Charanga Támega, do grupo de voces e acordeóns Arosa Bay, do coro marfilés Saint Luc e de Noriko, unha xaponesa afeccionada á pandeireta galega.

Enlace de la nota : teleame.com/luar-celebra-hoxe-a-gran-final-de-recantos-e-recibe-e-visita-estelar-do-cantante-venezolano-carlos-baute/

carlosbautetodo.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario