Con Carlos Baute e María Solar
Contamos cun convidado estrela, xa que o artista que acompañará a Roberto Vilar neste segundo programa da temporada será o exitoso cantante venezolano Carlos Baute.
Con case dous millóns de disco vendidos e unha carreira máis ca consolidada, Carlos Baute é un dos grandes da música latina e conta na súa vitrina con moreas de premios. O artista, un dos máis queridos polo público galego, achégase ao programa a soltar unhas gargalladas e gozar da noite galega.
Ademais, contamos coa presenza de María Solar, presentadora da Televisión de Galicia e mais escritora, que acaba de publicar a súa última novela, “As horas roubadas”. Con ela, xogaremos ao “Quen vés sendo”, pero iso non será todo, xa que Vilar e os seus téñenlle preparada algunha trasnada máis.
Por suposto, Touriñán e Eva Iglesias tamén andarán enredando no estudio de gravación e, para os que os botaran en falta no verán, “Os Gorrillas” tamén andarán pintando a mona.
Por certo, seguimos á caza de novos colaboradores! Temos habilitado un contacto do WhatsApp: manda un vídeo dun minuto e poderás ser unha das novas caras desta temporada!
Puedes ver el vídeo del programa con la llamada de Carlos Baute en : http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/con-carlos-baute-e-maria-solar
carlosbautetodo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario